Este (pedras_cosine_rank64_bf16.safetensors) é un modelo LoRA (Low-Rank Adaptation) adestrado para xerar imaxes cun estilo galego con modelos Flux (dev). Deixo dous mais, que se poden combinar (horreo2_rank64_bf16-step00300.safetensors e catedral_rank32_bf16-step00150.safetensors)
Descrición
Esta LoRA foi adestrada nun conxunto de imaxes de paisaxes galegas, capturando a esencia das súas formacións rochosas ("pedras"), cruceiros, hórreos, a Catedral... É ideal para xerar paisaxes cunha estética serena e maxestosa, característica de Galicia.